Fotos Campionato Galego Grupos Show 2013

10 dic 2010

Presentación

A historia do Club Bolboreta comeza cando un grupo de nais e pais, ao quedaren sen a actividade de patinaxe no colexio, deciden crear o seu propio club, para facilitarlles ás súas fillas a práctica do seu deporte favorito.

Comezan así un período de procura de información, contactan cun adestrador para dar as clases, e o día 25 de novembro de 2004 constitúese o Club de Patinaxe Artística Bolboreta de Redondela.

O club comezou cunhas poucas nenas e hoxe en día está composto por 74 compoñentes (nenos e nenas), con idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos. A nosa sede para os adestramentos é o Pavillón de Reboreda, aínda que xa nos vai quedando pequeno.

Asistimos a todas as exhibicións posibles, e tamén ao Festival do Patín, que se celebra todos os anos en Vigo, no Pavillón das Travesas. O noso grupo de exhibición presentouse este ano, por primeira vez, á Copa Federación, celebrada na Pobra do Caramiñal. Aínda que non quedamos das primeiras a experiencia serviunos para aprender máis e para  motivarnos. De feito, o vindeiro ano volverémolo intentar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario