Este pasado fin de semana, 9 e 10 de Febreiro, tivo lugar o Campeonato galego de grupo show 2013 no pavillón centras das Travesas as 17:30 horas da tarde. No cal as nosas rapazas de grupo show pequeno, integrado por: Paula, Analía, Iris, Eva, Sara, Laura, Carla, Carmen, Marta e Nuria, realizaron a coreografía "Mirada perdida".
O domingo día 10, o grupo show grande composto por, Paula, Analía, Iris, Eva, Sara R, Laura, Carla, Carmen, Marta, Nuria, Antía V, Thais S, Edgar, Noelia, Sara C, Sandra, Carla V, Thais, Sara, Antía, Sabela e Paula A, realizou "Conexión".
Os resultados foron aceptables, quedando 11º en grupo pequeno e 7º en grupo grande, pero iso non nos desanima, ao contrario, seguimos traballando para a próxima cita: Trofeo Internacional A Latina que terá lugar o vindeiro 22 de Febreiro deste mesmo ano en Madrid.
Deixámosvos un dos videos dos exercicios, "Mirada perdida" e o outro video, "Conexión"
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario